A biblioteca organizou dúas expocións de artes plásticas durante este curso, enmarcadas dentro do PDI FalArte.
A primeira delas tivo lugar no mes de xaneiro. Nese momento espuxemos obras de Camino Casabella: “Heroíñas de tódolos días”
O alumnado de A1 alemán realizou un traballo sobre algún dos cadros desta exposición. Aquí vedes un dos traballos, cunha ligazón ao artigo que se publicou no seu día no blog da biblioteca:
A segunda exposición foi o resultado da colaboración da biblioteca da EOI de Lugo coa EASD Ramón Falcón de Lugo. A Escola de Artes de Superior de Deseño espuxo obras do seu alumnado nos meses de abril e maio nos corredores da escola e mais na biblioteca. As obras estaban acompañadas dunha pequena explicación en todas alinguas da escola, á que se accedía a través do códigos QR.