O Departamento de Francés centrouse na arquitectura. Escollemos como obra arquitectónica máis representativa dun país francófono a capela Notre Dame du Haut en Ronchamp.
No traballo para acadar este obxectivo participaron todos os grupos de francés que realizaron actividades segundo o seu nivel:
- Os alumnos de A1-A2 indicaron os nomes das obras deste arquitecto e as cidades nas que se atopan, situándoas no mapa de Europa.
- Os alumnos de A2 realizaron unha búsqueda de información sobre Le Corbusier para elaborar a súa biografía a partir dunha ficha que se lles proporcionou.
- Os grupos de B1 e de B2.1 fixeron a descrición de cada unha das obras.
- Os alumnos de B2.2 explicaron os principios nos que se basea a obra deste autor e as condicións socio económicas da súa época.
- Os alumnos de C1.1 explicaron o seu estilo arquitectónico.
- Os alumnos de C1.2 fixeron referencia á controversia e ás críticas que suscitou a obra de le Corbusier e xustificaron a elección desta obra como a máis representativa do autor.
Ademais, fíxose un puzzle coa fotografía que se amosa neste artigo durante o primeiro cuadrimestre do curso. O puzzle estivo á disposición de todo o alumnado no andar baixo da escola. Quedarña pendurado nos correodores da escola.
Outra actividade de éxito foi un relatorio sobre o arquitecto Le Corbusier, que ofreceu o arquitecto lucense Santiago Catalán, alumno do centro.