O alumnado do nivel A1-A2 elaborou, a partir das suxestións do profesorado, unha enquisa para comprobar o nivel de coñecemento da música en galego por parte dos estudantes de galego.
Todo o alumnado respondeu esta enquisa inicial, que tiña a finalidade de detectar o grao de coñecemento da música en galego dos alumnos e das alumnas. Ao final do curso realizaron outra enquisa para comprobar o nivel de coñecementos acadado e o funcionamento do proxecto.
O alumnado de B2 creou unha actividade lúdica a partir dos materias fornecidos polos estudantes de todos os niveis de galego.
O día 9 de abril realizouse e houbo agasallos para quen amosou un maior coñecemento da música galega.
O alumnado dos niveis A1-A2 e B1 seleccionaron as cancións máis relevantes do repertorio musical galego. Realizaron distintas actividades para traballar na aula coas letras destes temas.
As alumnas e os alumnos do nivel C1 elaborarán un informe sobre as desviacións da norma máis frecuentes nas composicións seleccionadas polo alumnado dos niveis A1-A2 e B1.
Estes traballos atópanse expostos polos corredores do primeiro andar. Exemplo: