Durante os meses de febreiro e marzo, a biblioteca contou coa presenza de Igor Fernández para a celebración dun obradoiro de Storytelling, as narrativas no cinema. Foron oito horas de intenso contacto coas técnicas narrativas no cinema. Esta actividade tamén se encadrou dentro do prxecto das artes, e estivo pensada para aquel alumnado que quixese facer unha curtametraxe para o concurso de curtas que convocou o Departamento de Alemán. O público asistente foi moi variado: asistiron tanto alumnas da EOI, como profesores e persoas alleas ao centro.