Xogo de cartas

Para que o proxecto deste ano perdure no tempo, non só se realizou o graffiti. Cada departamento seleccionou seis persoas, lugares ou actividades representativas da súa arte, para facer un xogo de mesa. Imitando o xogo de cartas das familias, fixemos unha baralla para cada departamento e unha baralla e máis o taboleiro coas explicacións…

Actividade de clausura: Lili Berlín

O 16 de maio clausuramos o proxecto coa actuación de Blanca Cendán e Suso Alonso no seu espectáculo de cabaré alemán, Lili Berlin, e coa inaguración do graffiti con elementos representativos de todas artes que escollemos, e que vedes como portada deste blog. Como podedes ver, foi un ano moi artístico!! Agardamos que o gozásedes!!!

Obradoiro de Storytelling

Durante os meses de febreiro e marzo, a biblioteca contou coa presenza de Igor Fernández para a celebración dun obradoiro de Storytelling, as narrativas no cinema. Foron oito horas de intenso contacto coas técnicas narrativas no cinema. Esta actividade tamén se encadrou dentro do prxecto das artes, e estivo pensada para aquel alumnado que quixese…

Exposicións de Artes Plásticas na EOI

A biblioteca organizou dúas expocións de artes plásticas durante este curso, enmarcadas dentro do PDI FalArte. A primeira delas tivo lugar no mes de xaneiro. Nese momento espuxemos obras de Camino Casabella: “Heroíñas de tódolos días” O alumnado de A1 alemán realizou un traballo sobre algún dos cadros desta exposición. Aquí vedes un dos traballos,…

Roteiro das Artes por Bergantiños

O día 1 de decembro a biblioteca marchou de ruta. Visitamos a arte mural das rúas de Carballo pola mañá, e, pola tarde, marchamos coñecer a cerámica de Buño, outra arte da cultura galega. Así nos preparamos: Así gozamos:

Portugués

Os alumnos de B2 fixeron un traballo de investigación, escollendo unha danza representativa de cada país lusófono. Os grupos de C1 buscaron información sobre esas danzas, e prepararon posteriormente unha presentación oral sobre cada unha delas. Un grupo de B1 buscou fotografías ou imaxes que representen cada danza. Os grupos de A2 traballaron en aulas,…

Italiano

A actividade estivo dedicada ao pintor italiano Arcimboldo. O alumnado de C1 elaborou a biografía do pintor e elixíu un dos cadros máis representativos: o verán.O traballo quedOU plasmado nun expositor de cartón pluma nun dos corredores da Escola. O departamento puxo tamén a disposición do alumnado uns paneis imantados con figuras de froitas, comida,…

Inglés

Alumnos de A – En decembro escolleron 2 fotografías famosas dos seguintes temas: natureza, retrato, viaxes, eventos, tradicións, arquitectura, moda, periodísticas, celebridades, ciencia-tecnoloxía, deportes, cárceres, anuncios publicitarios, guerra, medioambiente, arte na rúa, animais, abstracta. Este é o resultado. Alumnos de B – A mediados de marzo, os alumnos de B1 describiron a fotografía e os…

Galego

O alumnado do nivel A1-A2 elaborou, a partir das suxestións do profesorado, unha enquisa para comprobar o nivel de coñecemento da música en galego por parte dos estudantes de galego. Todo o alumnado respondeu esta enquisa inicial, que tiña a finalidade de detectar o grao de coñecemento da música en galego dos alumnos e das…

Francés

O Departamento de Francés centrouse na arquitectura. Escollemos como obra arquitectónica máis representativa dun país francófono a capela Notre Dame du Haut en Ronchamp. No traballo para acadar este obxectivo participaron todos os grupos de francés que realizaron actividades segundo o seu nivel: Os alumnos de A1-A2 indicaron os nomes das obras deste arquitecto e as cidades …